Trying to get property of non-object [ On /var/www/virtual/jpop.com/public_html/generatrix/model/youtubeModel.php Line 63 ]
Undefined variable: cookie_headers [ On /var/www/virtual/jpop.com/public_html/generatrix/external/magpierss-0.72/extlib/Snoopy.class.inc Line 438 ]
Os Morenos de Lavadores - JPop.com
Artist info
Os Morenos de Lavadores

Os Morenos de Lavadores

Os Morenos de Lavadores


Os Morenos de Lavadores tivo a súa orixe no grupo Airiños de Cabral, formado polos gaiteiros Constante Moreda Vázquez e Manuel Oliveira Blanco, Vicente Clemata Piñeiro "Firma" no tamboril e Román Salgueiro Rodríguez no bombo. O cuarteto desfíxose trala morte de Constante o 10 de decembro de 1936. Pasada a Guerra Civil sumouse ao grupo Xosé Oliveira Blanco, irmán de Manuel, pasando a adoptar o nome d'Os Morenos de Lavadores. Un nome que ten a súa orixe na pel escura de ámbolos-dous irmáns. Read more on Last.fm
Os Morenos de Lavadores tivo a súa orixe no grupo Airiños de Cabral, formado polos gaiteiros Constante Moreda Vázquez e Manuel Oliveira Blanco, Vicente Clemata Piñeiro "Firma" no tamboril e Román Salgueiro Rodríguez no bombo. O cuarteto desfíxose trala morte de Constante o 10 de decembro de 1936. Pasada a Guerra Civil sumouse ao grupo Xosé Oliveira Blanco, irmán de Manuel, pasando a adoptar o nome d'Os Morenos de Lavadores. Un nome que ten a súa orixe na pel escura de ámbolos-dous irmáns. En 1946 Román emigrou cara a Alemaña.

Tras varios anos de inestabilidade, en 1953 uniuse como bombeiro Xosé Suárez Rodríguez, veciño da Ceboleira, máis novo có resto, pero que dende cativo xa asistía os ensaios na adega da casa que Manuel Oliveira tiña no barrio do Sobreiro. Nese mesmo ano morreu "Firma", que foi substituído por Olimpio Alonso Grobas, veciño da Bagunda, que amais do tambor tocaba as cunchas. Esta formación mantívose estable ata a desaparición do cuarteto: Manuel e Xosé nas gaitas, Olimpio no tamboril e Suárez no bombo. Interviron nas películas Mar Abierto e Famoso Carballeira, compartindo papel con actores de gran reputación naqueles anos como Maruchi Fresno e Jorge Mistral. Actuaron por Portugal e Francia, neste caso acompañando o Ballet de Luisillo.

Entre 1967 e 1972 gravaron varios discos de vinilo e casetes con RCA e MARFER. Tamén foron gañadores de prestixiosos concursos ademais de participar nos carnavais da Península do Morrazo, coma Pinténs e O Hío e na Romaría de San Roque de Vigo. Nunca participaron en actos ligados á ditadura. O grupo cesou en 1973. Manuel morreu en 1976, Olimpio en 1987 e Xosé en 1991.[2] Na actualidade (2011) Xosé Suárez é o único membro que queda vivo. Na honra do grupo, o seu nome foille dedicado a unha praza no camiño do Sobreiro (a poucos metros da casa natal dos irmáns Oliveira Blanco), e instalouse un monólito nos xardíns da sede veciñal da AVV de Lavadores, na avenida Ramón Nieto, inaugurados en 1999 e 2000, respectivamente.

Son moitos os grupos que nos seus discos teñen gravados temas do seu repertorio. Tamén existe no mercado un libro máis Dvd, dende a orixe do grupo ata a súa disolución editado por Edicións do Cumio no ano 2011, e hoxe en día están considerados como uns dos mellores cuartetos de Gaiteiros da historia de Galiza. Read more on Last.fm. User-contributed text is available under the Creative Commons By-SA License; additional terms may apply..

Top Albums
showing 2 out of 2 albums
Shoutbox
No Comment for this Artist found
Leave a comment


Comments From Around The Web
No blog found
Flickr Images
No images
Related videos
No video found
Tweets
No blogs found