Trying to get property of non-object [ On /var/www/virtual/jpop.com/public_html/generatrix/model/youtubeModel.php Line 63 ]
Os Gaiteiros de Soutelo - JPop.com
Artist info
Os Gaiteiros de Soutelo

Os Gaiteiros de Soutelo

Os Gaiteiros de Soutelo


O iniciador desta saga de músicos populares orixinarios de Soutelo de Montes foi o pai dos gaiteiros que, xunto aos seus fillos, adoitaba amenizar os días grandes das festas da época, xa que era un grupo inusualmente grande e que xa contaba cunha grande sona naquela Terra de Montes. Introducía outras novidades: incorporaba unha muller coma cantante, a irmá. A presenza dunha muller nos grupos musicais non era habitual aló polo 1925. Os compoñentes eran Avelino Cachafeiro -director Read more on Last.fm
O iniciador desta saga de músicos populares orixinarios de Soutelo de Montes foi o pai dos gaiteiros que, xunto aos seus fillos, adoitaba amenizar os días grandes das festas da época, xa que era un grupo inusualmente grande e que xa contaba cunha grande sona naquela Terra de Montes. Introducía outras novidades: incorporaba unha muller coma cantante, a irmá. A presenza dunha muller nos grupos musicais non era habitual aló polo 1925. Os compoñentes eran Avelino Cachafeiro -director, compositor e a alma do grupo-, os seus irmáns Castor (gaita) e Bautista (voz e redobrante), o seu pai Fermín (bombo) e a súa tía Andrea, que algunhas veces se xuntaba a eles para tocar o pandeiro. En 1928 gravaron a "Muiñeira de Chantada", a "Alborada de Rosalía", a "muiñeira de Pontesampaio", "Fandango de Pontevedra", "Marcha do Corpus", "Viva Barriño de Arén", "Eicho de dar queridiña", "Foliada de Luxán", "Foliada Rianxeira", "Estróupele-Estróupele", "Farruquiña chaman a porta", a "Muiñeira de Ourense" e o pasacorredoira "A volta da festa". Un dos fitos máis importantes foi a súa presentación no Teatro Avenida de Buenos Aires o 28 de febreiro de 1930, onde actuaron con decorados deseñados por Castelao e Camilo Díaz. Os Gaiteiros de Soutelo percorreron toda Galiza, así como Buenos Aires, Montevideo e Brasil, ata que o comezo da Guerra Civil española esfarelou o grupo: sorprendeunos tocando en Barcelona, en territorio republicano, mentres Galiza quedaba no nacional. A Cultural Obreira levounos a Madrid para dar ánimos ás tropas que alí loitaban, e cando se dirixían a Berlín para tocar nos Xogos Olímpicos, decidiron volver á casa por Lisboa.

Así rematou o grupo. Bautista morrera no 1933, Castor emigrou a Venezuela, onde ensinou a tocar na Escola de Gaitas da Irmandade Galega de Caracas e Avelino, cuxo único fillo morreu ao nacer, deixou de tocar a gaita. Read more on Last.fm. User-contributed text is available under the Creative Commons By-SA License; additional terms may apply..
Top Albums
showing 4 out of 4 albums
Shoutbox
No Comment for this Artist found
Leave a comment


Comments From Around The Web
No blog found
Flickr Images
No images
Related videos
No video found
Tweets
No blogs found