Trying to get property of non-object [ On /var/www/virtual/jpop.com/public_html/generatrix/model/youtubeModel.php Line 63 ]
Faustino Santalices - JPop.com
Artist info
Faustino Santalices

Faustino Santalices

Faustino Santalices


Faustino Santalices Perez (A Granxa, Cadós, Bande, Galicia, November 16, 1877 - Madrid, December 6, 1960), was a Galician hurdy-gurdy player. Faustino Santalices Pérez, nado na Granxa (Bande. Galiza) o 16 de novembro de 1877 e finado en Madrid o 6 de decembro de 1960, foi un gaiteiro galego e o investigador máis importante de zanfona na primeira metade do século XX. Estudou Dereito en Santiago, onde coñeceu a Ramón Cabanillas. Despois de licenciarse Read more on Last.fm
Faustino Santalices Perez (A Granxa, Cadós, Bande, Galicia, November 16, 1877 - Madrid, December 6, 1960), was a Galician hurdy-gurdy player. Faustino Santalices Pérez, nado na Granxa (Bande. Galiza) o 16 de novembro de 1877 e finado en Madrid o 6 de decembro de 1960, foi un gaiteiro galego e o investigador máis importante de zanfona na primeira metade do século XX. Estudou Dereito en Santiago, onde coñeceu a Ramón Cabanillas. Despois de licenciarse, ingresou no Ministerio da Gobernación e foi destinado a Soria, onde viviu ata 1914 antes de regresar a Ourense. En 1918 casou con Rosa Muñiz, que o acompañou nas súas actuacións e gravacións.

En 1924 foi nomeado Secretario do Goberno Civil de Ourense. Faustino escoitoulle tocar a zanfona a un cego cando neno e ficou prendado dela. Mais durante o último terzo do século XIX este instrumento estaba en vías de desaparición mesmo no ámbito popular e apenas podía verse nalgunha romaxe. Faustino colaborou co folclorista Casto Sampedro Folgar, apuntándolle os seus coñecementos. En 1922 comezou a colaborar como gaiteiro no coro ourensán De Ruada e logo con Os Enxebres.

No 1927 gravou dúas pezas coa zanfona. Durante os anos da guerra construíu moitas gaitas, que regalou a soldados galegos. Posteriormente foi trasladado a Barcelona e logo a Madrid en 1944, onde colaborou coa agrupación artística Rosalía de Castro e, en 1949, editou en Madrid un disco completo, intitulado Gravaciones históricas de zanfona. Tamén escribiu o primeiro libro español sobre este instrumento, La zanfona (1956), que está baseado no método francés de Michel Corrette (1738) e mesmo inclúe algunhas das súas ilustracións. Colaborou tamén en periódicos e revistas como Finisterre, Revista de Galicia, Faro de Vigo etc. Foi importante tamén a conferencia que deu en Santiago en 1952 con motivo da inauguración do Pazo de Xelmírez e no recital-homenaxe a Ramón Menéndez Pidal, en 1954, no que deu a coñecer o Romance de don Gaiferos de Mormaltán. Co apoio da Deputación de Lugo, fundou nesa cidade un Taller-Escola de Instrumentos Galegos en 1951, grazas ao patrocinio do empresario Antonio Fernández López.

Nela contou coa axuda do gaiteiro Paulino Pérez e formou artesáns para que a tradición da zanfona non se perdese. Ao ano seguinte gravou catro discos, que posteriormente reeditou e refundiu nun único traballo chamado Faustino Santalices. Dende principios dos anos 90 ten unha rúa dedicada en Pontevedra. O grupo Milladoiro reinterpretou o "Alalá das Mariñas" no disco O niño do sol, aparecendo na canción a voz e zanfona de Faustino Santalices. Read more on Last.fm.

User-contributed text is available under the Creative Commons By-SA License; additional terms may apply..
Top Albums

show me more

showing 4 out of 20 albums
Shoutbox
No Comment for this Artist found
Leave a comment


Comments From Around The Web
No blog found
Flickr Images
No images
Related videos
No video found
Tweets
No blogs found