Trying to get property of non-object [ On /var/www/virtual/jpop.com/public_html/generatrix/model/youtubeModel.php Line 63 ]
Dios Ke Te Crew - JPop.com
Artist info
Dios Ke Te Crew

Dios Ke Te Crew

Dios Ke Te Crew


Dios ke te Crew é un colectivo, nado en Ordes(A Coruña), que engloba dentro de sí a artistas relacionados con tódalas vertentes da cultura hip hop. Nos seus espectáculos en directo, o graffiti, o break, o beat box e o turntablism mistúranse no esceario guiados polo seu rap en lingua galega. DKTC nace en Ordes(A Coruña), en xuño do 2003, a raíz da unión neste proxecto común de dous coñecidos grupos de rap de este pobo, 5talegos e Ghamberros. Read more on Last.fm
Dios ke te Crew é un colectivo, nado en Ordes(A Coruña), que engloba dentro de sí a artistas relacionados con tódalas vertentes da cultura hip hop. Nos seus espectáculos en directo, o graffiti, o break, o beat box e o turntablism mistúranse no esceario guiados polo seu rap en lingua galega. DKTC nace en Ordes(A Coruña), en xuño do 2003, a raíz da unión neste proxecto común de dous coñecidos grupos de rap de este pobo, 5talegos e Ghamberros. Pouco máis tarde uniríanselles os graffiteiros Vandals Crew e Cousas Novas, os breakers composteláns Playmovil Kids e tamén dous DJ´s: Murdock e Kaze Lu. Deciden unir as súas forzas para dar vida a este colectivo, no que cada grupo desenvolve unha función tanto individualmente como dentro do propio colectivo. De este xeito, preténdese potenciar a creatividade e o desenrolo da cultura hip hop e das artes en xeral, dando oportunidades e saídas a tódolos grupos que forman Dios ke te Crew xunto cos proxectos que surxen en común. Aínda que como colectivo DKTC ten unha vida relativamente curta, a traxectoria dalgúns dos seus integrantes polos mundos das artes é moi destacable. 5talegos, que posúen unha larga traxectoria de concertos por toda a xeografía galega, pisaron os escearios e festivais máis variopintos co seu rap en galego, fresco, combativo, crítico e divertido. Os seus textos van máis alá da mera competición do rap comtemporáneo, á que critican e da que discrepan abertamente. Pioneiros en utilizar a lingua galega no rap, 5talegos son un dos grupos máis veteranos e recoñecidos en Galicia, e durante 5 anos estiveron difundindo a súa música cun potente directo . Despois de incluires dous temas nos recopilatorios "Revolta Sonora"(Sons de Luita.

1999) e Mixtura(A.S.Lucerna. 2001), o grupo disólvese no ano 2002. Non menos destacables son Jamaica, García e Mou, os membros do outro grupo de rap que conforma a crew, "Ghamberros", conxunto máis xoven pero xa recoñecido no panorama musical galego pola súa traxectoria nos 3 últimos anos, despois de tocar en eventos coma o "Festival Solidario en favor do Pobo Palestino" en A Coruña, no "Concerto Expansivo Nunca Máis" ou no Festival de Arte Multimedia e Música Avanzada "Elecktrónica". O seu rap en galego é comprometido, satírico e reflexivo, e a música de Mou, o tamén productor de 5talegos, xoga coas máis variadas influencias estilísticas, indo dende o jazz ata o reggae e dende a clásica ata o folk, facendo como non, unha intensa e obrigatoria parada no funk. Read more on Last.fm.

User-contributed text is available under the Creative Commons By-SA License; additional terms may apply..
Top Albums

show me more

showing 4 out of 20 albums
Shoutbox
No Comment for this Artist found
Leave a comment


Comments From Around The Web
No blog found
Flickr Images
No images
Related videos
No video found
Tweets
No blogs found