Trying to get property of non-object [ On /var/www/virtual/jpop.com/public_html/generatrix/model/youtubeModel.php Line 63 ]
Banda Potemkin - JPop.com
Artist info
Banda Potemkin

Banda Potemkin

Banda Potemkin


Esta nova banda, que nace evocando ó mítico filme realizado por Einsestein, móntase nos últimos anos nuns asteleiros da Grela, na Coruña, entre o fedor da gasolina e o ruído infernal dun xerador. Un novo proxecto musical, que bota a andar con forma de barco todoterreo, con cualidades únicas como as de atravesar nun pis pas todo o que se lle poña por diante, (desertos, montes, mares...), de xogar cos precipitados ritmos balcánicos e afro caribeños entre outros Read more on Last.fm
Esta nova banda, que nace evocando ó mítico filme realizado por Einsestein, móntase nos últimos anos nuns asteleiros da Grela, na Coruña, entre o fedor da gasolina e o ruído infernal dun xerador. Un novo proxecto musical, que bota a andar con forma de barco todoterreo, con cualidades únicas como as de atravesar nun pis pas todo o que se lle poña por diante, (desertos, montes, mares...), de xogar cos precipitados ritmos balcánicos e afro caribeños entre outros, e a exporse ás fortes treboadas provocadas por bruscos cambios de tempo ou impredecibles inclemencias musicáis. A todo isto témoslle que engadir a gran capacidade para navegar dos tripulantes, bregados en centos de marés e valentes expedións da música galega dos últimos anos, así estes piratas do ritmo xa vogaron cos Papaqueixos, 3 Trebóns, Banda Melgacha, Meninhos da rúa, Dandy Fever, Tiruleque, Pablo Bicho, A Turma Angolo-galega, Matraca Perversa... De toda esta mestura non podía saír máis ca un proxecto común, un universo sonoro determinado por seis maneiras diferentes de entende-la vida e, por tanto, a música, que se enriquecen e complementan nunha relaciòn de interdependencia mutua, a BANDA POTEMKIN , o espacio no cal as experiencias anteriores se cruzan e xuntan confundindo ós estilos, o lugar onde os arranxos fan que as ideas perdan a sùa forma orixinal, e se volven potemkianas...

Read more on Last.fm. User-contributed text is available under the Creative Commons By-SA License; additional terms may apply..
Top Albums

show me more

showing 4 out of 13 albums
Shoutbox
No Comment for this Artist found
Leave a comment


Comments From Around The Web
No blog found
Flickr Images
No images
Related videos
No video found
Tweets
No blogs found